En ciberseguridade non existen obxectivos pequenos
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Telefónica, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.
Programa:
Porqué non te consideras un obxectivo cando o resto si o fai?
Sesión que persegue o obxectivo de concienciar ás pequenas e medianas empresas de que poden ser obxectivo dun ciberataque, e que invertir na súa seguridade é unha necesidade para os seus negocios maior cada día.
Expoñerase o panorama actual da ciberseguridade, os principais ataques e o que se debe facer para non ser vítima dun.
Contidos da sesión:
- Introdución. Porqué atacar a unha Peme?
- Onde nos atopamos?
- Retos da transformación dixital
- Datos de ciberseguridade (Incidentes rexistrados en pemes, novas variantes de malware, custos dun ciberataque, etc.)
- Os nosos adversarios
- Tendencias ciberseguridade 2022 (factor humano, novas tecnoloxías, os datos, etc.)
- Coñezamos algúns tipos de ataques
- Exemplo práctico
- E agora, que facemos?
- A importancia de tomarse en serio a ciberseguridade
- Ver a seguridade como algo de extremo a extremo
Impartido por

Juan Hernández Orea
Gerente Desarrollo de Negocio en CYBERSECURITY & CLOUD TELEFONICA TECH

Cando?
13 Xuñ 2022Onde?
Quen participa?
- Telefónica
- Juan Hernández Orea