Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Escape Room virtual de ciberseguridade no II Encontro CIBER.gal | Gaiástech

Escape Room virtual de ciberseguridade no II Encontro CIBER.gal

Presencial, na sala principal do Centro GaiásTech, e en liña

No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 8 de novembro de 2022 ás 18.00h, grazas á colaboración da Deputación de Ourense, organízase un concurso "Escape Room" virtual de ciberseguridade co obxectivo de formar no bo uso e correcta xestión dos datos, xerando unha cultura de privacidade no participante.

Programa:

Esta actividade interactiva pretende xerar unha cultura de cumprimento para protexer os datos e facer un uso responsable deles, así como mellorar a privacidade no uso e xestión de datos. É unha solución interactiva na que os participantes tomarán conciencia de como as súas accións impactan na recompilación, almacenamento e xestión de datos, desenvolvendo comportamentos necesarios para protexelos.

Este Escape room componse de capítulos que o participante debe ir superando de forma consecutiva para poder completar o xogo. Cada capítulo é unha parte da historia, onde  aparecerán situacións nas que se terán que tomar decisións e esas decisións marcarán o camiño cara á final do xogo. 

Os capítulos do Escape Room son lineais, é dicir, terase que superar un capítulo antes de poder pasar ao seguinte. En función das decisións tomadas, se estas son correctas, obterase unha puntuación tendo en conta as variables do tempo de reacción e o tipo de decisión.   

O obxectivo é a aprendizaxe e crear conciencia sobre os comportamentos que inflúen no benestar, saúde e desconexión dixital.

O Escape Room contará con premios para os gañadores.

As bases legais desta actividade poden consultarse aquí.

Para poder participar nesta actividade é preciso inscribirse. 

O rexistro para a competición de xeito presencial pode facerse aquí.

O rexistro para a competición de xeito online pode facerse aquí

ia

Cando?

08 Nov 2022
18.00h

Onde?

Presencial, na sala principal do Centro GaiásTech, e en liña