Está a túa empresa segura fronte aos ciberdelincuentes? Como pechar as principais portas de entrada | Gaiástech

Está a túa empresa segura fronte aos ciberdelincuentes? Como pechar as principais portas de entrada

Aula 1 da biblioteca da Cidade da Cultura e Streaming
Imparte: Inforhouse S.L

Inscrición*

*A asistencia presencial ao evento está restrinxida por aforo, se se supera, a asistencia pasará a ser vía streaming. A posibilidade de asistir presencialmente será confirmada o día anterior ao evento.
 

O obxectivo da sesión é sensibilizar sobre a necesidade de protexer ás empresas fronte ao panorama actual de ciberameazas.
 

Programa:

  • 12:00 – 12:10 – Presentación de Hornetsecurity e Inforhouse)
  • 12:10 – 12:20 – Como facer aos empregados/as expertos/as en ciberseguridade          
  • 12:20 – 12:30 – O correo electrónico, principal brecha de ataques, como protexelo
  • 12:30 – 12:40 – Recuperación de datos, o backup como garantía da volta á normalidade
  • 12:40 – 12:55 – Demostración das solucións
  • 12:55 – 13:05 – Preguntas

Posterior á sesión, haberá un coffee e networking para os asistentes presenciais (limitación de aforo)
 

Interveñen

Imparte:

Inforhouse S.L

Inforhouse SL é unha das principais empresas TIC de Galicia dende fai mais de 30 anos. Con sede central en Santiago de Compostela, atende a clientes en todo o territorio nacional, partindo dende a nosa comunidade, tanto de sector público como de sector privado. A nosa carteira de solucións vai dende o subministro, instalación, configuración e posta en marcha de infraestructuras hardware, ata o desenvolvemento, implantación e posta en marcha de software de xestión empresarial e asistentes virtuais baseados en IA, pasando por servicios de mantemento e soporte informático hardware e software.

Colabora:

hornest

Impartido por

manuel achaques
Manuel Achaques

Responsable de Preventa Iberia, Italia & Latam. Especialista en Ciberseguridade con máis de 8 anos no sector IT e experiencia en diversas empresas multinacionais como consultor e formador. Entre as súas actuais responsabilidades atópase achegar valor nas solucións de protección e backup da contorna de correo electrónico e posto de traballo para clientes de sector público e privado, así como colaborando nas diferentes integracións de servizos cos principais Partners & ISPs.
 

quique condés
Quique Condés

Channel Manager de Hornetsecurity, especialista en protección e continuidade de negocio con mais de 30 anos de experiencia en empresas como IBM, Sun Microsystems, Netapp

security

Cando?

25 Abr 2023
12:00-13:00

Onde?

Aula 1 da biblioteca da Cidade da Cultura e Streaming

Quen participa?

  • Inforhouse S.L
  • Manuel Achaques
  • Quique Condés

Para quen?

Empresas – CIOs/CISOS – Responsables de Tecnoloxía/Seguridade (tamén do Sector Público)