Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Estado, avances e problemáticas na implementación de xemelgos dixitais. O proxecto de xemelgos dixitais da Xunta de Galicia. | Gaiástech

Estado, avances e problemáticas na implementación de xemelgos dixitais. O proxecto de xemelgos dixitais da Xunta de Galicia.

Presencial (Centro GaiásTech)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebrará o vindeiro 8 de setembro, de 09:30 a 14:00 horas, unha Xornada de Expertos sobre tecnoloxías de información xeoespacial para o desenvolvemento de xemelgos dixitais. Esta xornada forma parte das actividades do proxecto «Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais», encadrado no Programa de Redes Territoriales de Especialización Tecnológica (Retech).

Este encontro, que se desenvolverá en formato híbrido dende o espazo GaiásTech na Cidade da Cultura, abordará cun enfoque eminentemente práctico as posibilidades dos xemelgos dixitais na xestión do territorio. O foro servirá como espazo de análise sobre a aplicación de casos reais, a avaliación da madurez tecnolóxica dos proxectos actuais e a resolución de desafíos técnicos clave como a integración de datos e a interoperabilidade, trazando de xeito estratéxico a transición dos proxectos piloto de carácter rexional cara a infraestruturas públicas consolidadas.

Programa:

O programa será definido en próximas datas.

Organiza:

imageact

Cando?

08 Set 2026
De 09:30 a 14:00

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech)

Para quen?

  • Empresas tecnolóxicas e consultoras
  • Pemes e grandes empresas con proxectos de dixitalización, IoT, IA ou análise de datos.
  • Administracións públicas e entidades vinculadas á xestión do territorio, infraestruturas e servizos públicos.
  • Responsables de innovación, transformación dixital, Smart Cities e Smart Territories.
  • Profesionais especializados en datos, GIS, IoT, telecomunicacións...