Evento de presentación do proxecto EDIH-DATAlife
Tras ser escollido como DIH estratéxico pola Xunta de Galicia e case tres anos de traballo, a Comisión Europea seleccionou a DIH DATAlife como hub de innovación dixital europeo, outorgándolle un selo de calidade e financiando o seu proxecto “EDIH DATAlife” de case 5,5 millóns de euros.
A súa actividade centrarase na implantación de tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública galega nos sectores Agro-Mar Alimentación, Forestal-Madeira, Saúde-Coidados e Biotecnoloxía.
O consorcio, totalmente galego, coordinado por DIH DATAlife, conta cos seguintes membros: ANFACO-CECOPESCA, Bioga, CETIM, CETGA, CESGA, Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, Clúster TIC, Clúster Saúde de Galicia, EnergyLab, FEUGA, Gradiant, Televés, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Programa:
O próximo 30 de marzo, pola mañá, celebrarase o evento de presentación do proxecto EDIH-DATAlife. Realizarase de forma presencial en Santiago de Compostela, no auditorio Xosé Neira Vilas (Cidade da Cultura). En breves ampliarase a información sobre a axenda do día.
Unha vez finalizada a xornada, o equipo realizará reunións bilaterais coas entidades interesadas en coñecer máis sobre o proxecto e os servizos que se ofrecerán. En caso de necesitar resolver dúbidas ou obter máis información sobre o proxecto, pódese reservar unha reunión marcando a caixa correspondente do formulario.
Interveñen

Cando?
Onde?