Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A fábrica dixital. Folla de ruta de dixitalización para pemes | Gaiástech

A fábrica dixital. Folla de ruta de dixitalización para pemes

Só por streaming
Imparte: ASM

O obxectivo da sesión é proporcionar á Industria unha visión xeral sobre o proceso de transformación dixital.

Amosarase como elaborar o plan estratéxico de dixitalización e unha folla de ruta realizable para calquera peme, que lle permita avanzar de maneira organizada cara á completa dixitalización da súa fábrica. 

A dixitalización implica dispor de información en tempo real e histórica e o uso de ferramentas de análises de datos para a toma de decisións 
 

Programa:

  • O ERP como base da xestión empresarial.
  • A dixitalización dos procesos de fabricación: Plataforma MES-MOM.
    • Xestión de Operacións
    • Control de Calidade
    • Mantemento
  • Ferramentas de análises de datos.
     

Interveñen

Imparte:

ASM

Empresa TIC con 35 anos de experiencia especializada na dixitalización de empresas produtivas a través solucións de software empresarial ERP e de fabricación MES-MOM.

Cun equipo de máis de 50 persoas, ASM dispón dunha extensa experiencia na dixitalización de empresas de sectores como o agroalimentario, farmacéutico, metalmecánico con solucións adaptadas a grandes e pequenas e medianas empresas.
 

fábrica dixital

Cando?

10 Set 2021
De 10:00h a 10:45h

Onde?

Só por streaming

Quen participa?

  • ASM

Para quen?

Dirección e responsables de produción, calidade, mantemento ou mellora continua de pemes con procesos de fabricación.