Faladoiros Mancomún 2022, con Laura Castro
Retomamos os “Faladoiros de Mancomún” neste ano 2022. Charlas en formato vídeopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.
Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.
Programa:
Neste primeiro faladoiro de 2022, contamos coa participación de:
- Bárbara Román, compañeira da Oficina de Software libre da Xunta de Galicia, continúa este ano facendo de presentadora nos faladoiros.
- Laura Castro como invitada deste faladoiro.
Impartido por
Laura Castro Souto.
Enxeñeira informática, profesora e investigadora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade de Informática da Coruña.
Defínese a si mesma como unha aprendiz constante, feminista e geek.
Bárbara Román
É compañeira da Oficina de Software libre da Xunta de Galicia e CEO da empresa Nolegaltech

Cando?
Onde?
Quen participa?
Laura Castro Souto. Bárbara RománPara quen?
Calquera persoa interesada no mundo da tecnoloxía e especialmente no relacionado co software libre e cultura libre.