Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fiadeiro sobre habilidades (non técnicas) necesarias para equipos técnicos | Gaiástech

Fiadeiro sobre habilidades (non técnicas) necesarias para equipos técnicos

Centro GaiásTech

Os fiadeiros eran xuntanzas nas que se convertían as fibras téxtiles a fíos. Moitas destas xuntanzas remataban con cantos e bailes. Co mesmo espíritu xurde O fiadeiro de Startup Galicia, un ciclo de talleres formativos onde aprender cuestións prácticas relacionadas coa vida dos produtos tecnolóxicos da man de persoas relevantes do ecosistema startup e do emprendemento dixital.

As startups precisan de equipos técnicos, moitas veces estos equipos son os máis grandes das compañías. Eles son a base dos productos dixitais das startups. Estos equipos non só precisan coñecemenos técnicos, tamén precisan de soft skills para xestionar os equipos, interacción con outros departamentos, crecer....

Programa:

  • Como medrar profesionalmente nunha empresa tech?
  • Como podo desenrolar as soft skills nunha startup con poucos recursos?
  • Cales son as claves para recoñecer e seleccionar a perfís con estas soft skills que sumen aos equipos?

Organiza:

startup galicia

Impartido por

carlos
Carlos Hernández

Sr Software Engineer Ledgy

meet

Cando?

24 Mai 2024
De 17:00 a 18:30

Onde?

Centro GaiásTech

Quen participa?

  • Carlos Hernández