FOROS EDIT | Gaiástech

FOROS EDIT

Edificio Fontán na sala de eventos da Cidade da Cultura

Inscrición

Foros con diferentes expertos nas temáticas de Destino Turístico Intelixente. Achegarase visibilidade e contarase con puntos de vista complementarios.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Axencia Turismo de Galicia están a levar a cabo, en colaboración cun partenariado de entidades do Norte de Portugal, un proxecto transfronteirizo cuxo obxectivo é desenvolver un destino turístico intelixente. O proxecto EDIT, ten como misión mellorar a xestión dos recursos turísticos e a información sobre a súa actividade a través do TIC, transformando o modelo turístico en base á innovación, tecnoloxía, sustentabilidade e accesibilidade para incrementar a competitividade e rendibilidade do destino.

Programa:

  • 1º FORO - 10 de Outubro en Santiago de Compostela

Ten como temáticas debater sobre plataformas tecnolóxicas, sensorización dos destinos turísticos e a sustentabilidade no sector turístico.

  • 2º FORO - 11 de Outubro en Santiago de Compostela

Debaterase sobre a importancia de desenvolver unha estratexia turística en bases aos datos dato, casos de éxito tanto na implementación de DTI en diferentes destinos turísticos, así como o coñecer diferentes experiencias tecnolóxicas no sector privado

Interveñen

Máis Información

reunion

Cando?

10 de Outubro de 2022
11 de novembro

Onde?

Edificio Fontán na sala de eventos da Cidade da Cultura

Para quen?

Estes foros teñen como obxectivo debater sobre as oportunidades e desafíos dos destinos turísticos, sobre as solucións que requiren para seguir sendo competitivos e sostibles e sobre como a tecnoloxía e a innovación aplicadas ao sector turístico están a xerar cambios estruturais que viñeron a configurar unha nova contorna de negocio da man da intelixencia turística. Por iso, daranse cita administracións públicas, sector empresarial, investigadores, académicos, centros tecnolóxicos, axentes locais e universidades, para analizar e debater entre todos o modelo turístico para construír un proxecto transfronteirizo entre o Norte de Portugal e Galicia, compartindo coñecemento, formando alianzas e avanzando na comprensión dos elementos crave dos destinos turísticos intelixentes.