Grafana: instalación-creación de dashboard con datos históricos
Este webinar introdutivo permitirá coñecer as bases de Grafana, unha das ferramentas máis utilizadas para a visualización e análise de datos. Durante 2 horas exploraremos como instalar o software, conectalo a fontes de datos temporais e configurar un panel que mostre información histórica en tempo real. A sesión está pensada para dar os primeiros pasos de maneira práctica e guiada.
Grafana é unha tecnoloxía clave en contornas de análise e monitorización. Coñecer o seu funcionamento permite crear paneis dinámicos e atractivos que facilitan a toma de decisións baseadas en datos. Este webinar ofrece unha visión práctica para comezar a utilizala de forma autónoma.
Programa:
- Introdución a Grafana e casos de uso.
- Instalación e configuración inicial.
- Conexión a fontes de datos (InfluxDB, Prometheus ou similares).
- Creación dun dashboard básico paso a paso.
- Visualización de datos históricos e boas prácticas.
- Resolución de dúbidas e peche.
Impartido por
Marc Badosa Samsó
Estudou un grao en multimedia, máster en intelixencia artificial e en visión por computador. Referente experiencia profesional, ano e medio de desenvolvedor “full-stack” utilizando computación na nube e actualmente investigador en intelixencia artificial.
Máis Información
ORGANIZA: Nodo Galego de Conectividade
Cando?
28 Out 2025Onde?
Quen participa?
- Marc Badosa Samsó
Para quen?
Profesionais, estudantes e persoas interesadas en dar os primeiros pasos en monitorización e visualización de datos con ferramentas abertas.