Hora de evolucionar: software de xestión flexible para impulsar ás empresas galegas
O obxectivo da sesión é axudar ás empresas galegas a identificar os límites do software de xestión tradicional e descubrir alternativas máis vivas e flexibles. A través de experiencias reais de compañías galegas, mostrarase como o software pode converterse nun aliado estratéxico para o crecemento e a adaptación continua.
Programa:
- Principais retos das empresas galegas co software de xestión actual.
- Como detectar se o teu software está a frear o crecemento da túa empresa.
- Estratexias para gañar flexibilidade e adaptar o software á realidade do negocio.
- Casos de éxito en Galicia: Delagro e Pescapuerta.
- Unha nova visión do software de xestión: vivo, adaptable e pensado para ti.
- Preguntas e debate coas persoas asistentes.
Imparte:
Velneo (Grupo Visual MS)
Compañía tecnolóxica galega, premiada como a plataforma número 1 mundial en español, con máis de 20 anos desenvolvendo solucións de xestión flexibles e adaptables para empresas de diferentes sectores, con proxección internacional.
Cando?
18 Set 2025Onde?
Quen participa?
- Velneo (Grupo Visual MS)
Para quen?
Dirixido a xerentes, responsables de áreas nas PEMEs galegas, e empresas galegas que queiran aprender como aliñar o seu software de xestión coa realidade do seu negocio.