I Faladoiro Mancomún
Os “Faladoiros de Mancomún” son espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.
As inscricións presenciais teñen aforo limitado. Confirmaremos vía correo electrónico se pode acceder presencialmente.
Programa:
- Presentación dos “Faladoiros de Mancomún”
- Charlas en formato vídeopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.
- Streaming do I Faladoiro
- Neste primeiro faladoiro contamos coa participación de:
- Bárbara Román
- Marelisa Blanco
- Cristina Pampín
- Aida Vidal Balea
- Máis información: https://www.mancomun.gal/noticias/i-faladoiro-mancomun/
Interveñen
Imparte:
Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega
A Oficina de Coordinación de Software Libre contitúese coma punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento deste tipo de software en Galicia , fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos.
Do mesmo xeito, o portal Mancomún aglutina na rede todas as iniciativas de software libre que se están a desenvolver en Galicia, servindo de canle de comunicación pública e proporcionando un conxunto integrado de servizos.

Cando?
Onde?
Quen participa?
Oficina de Coordinación de Software Libre da AmtegaPara quen?
Calquera persoa interesada no mundo da tecnoloxía e especialmente no relacionado co software libre e cultura libre.