IA preditiva e xemelgos dixitais: como poden transformar a industria.
O obxectivo da sesión é presenta-los conceptos de IA preditiva e xemelgos dixitais e como poden ser aplicados en distintos ámbitos industriais. Explicaranse os beneficios destas tecnoloxías, como funcionan e como poden ser utilizadas para mellorar a eficiencia dos procesos e reducir custos; así como as súas limitacións á hora de aplicalas no mundo real.
Programa:
- Introdución: IA preditiva e xemelgos dixitais.
- Como funciona a IA preditiva?
- Que é un xemelgo dixital?
- Aplicacións na industria
- Retos e limitacións
- Preguntas
Interveñen
Imparte:
Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)
Centro Tecnolóxico Nacional recoñecido oficialmente dende o ano 2012 polo Ministerio de Economía e Competitividade, Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Cando?
Onde?
Quen participa?
Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)Para quen?
A charla estaría dirixida a empresas e ao público en xeral, é dicir, calquera persoa interesada en coñecer os beneficios e as aplicacións prácticas dos xemelgos dixitais e a IA preditiva en diferentes sectores da industria. Tamén sería apropiada para persoal técnico que estea a considerar a implementación destas tecnoloxías nas súas empresas e desexan obter unha visión xeral das súas aplicacións e limitacións.