iCousas: a rede para un territorio máis intelixente
A transformación dixital do territorio require dispoñer de infraestruturas capaces de conectar dispositivos, recoller información en tempo real e converter os datos en coñecemento útil para a toma de decisións. Neste contexto, iCousas ofrece unha rede IoT aberta, escalable e preparada para dar soporte a múltiples casos de uso, facilitando ás Administracións públicas o desenvolvemento de servizos máis intelixentes, eficientes e sostibles. O webinar permitirá coñecer as capacidades da rede, a súa arquitectura, as posibilidades de explotación do dato e as oportunidades que ofrece para avanzar cara a un territorio máis conectado e baseado na información.
Programa:
- iCousas e o territorio intelixente
- Capacidades da rede
- Arquitectura e funcionamento
- Xestión e explotación do dato
- Casos de uso para as administracións
- Adhesión a iCousas e próximos passos
- Quenda de preguntas
Cando?
25 Set 2026Onde?
Para quen?
- Concellos e deputacións
- Persoal técnico e responsables de áreas municipais
- Organismos e entidades públicas
- Persoas responsables de proxectos de dixitalización territorial