Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

INDUSTRIA 4.0. CIBERSEGURIDADE E BO GOBERNO | Gaiástech

INDUSTRIA 4.0. CIBERSEGURIDADE E BO GOBERNO

Centro GaiásTech e Streaming

Inscríbete

O obxectivo da sesión é a sensibilización en materia de ciberseguridade nas empresas,  fundamentalmente dado o baixo grao de coñecemento que teñen en materia de seguridade dixital e a trascendencia que dende a organización se dá á transversalidade da ciberseguridade en tódalas ordes da vida/empresa a esta.

A elevada dixitalización e interconexión dos sistemas e procesos industriais que caracterizan a Industria 4.0, abriron a porta ás ameazas relacionadas ca ciberseguridade e o bo goberno. ¿Cómo minimizar os riscos intrínsecos dos novos recursos tecnolóxicos?. Fraxilidade dixital e perda de valor nas organizacións.

Programa:

  • Apertura institucional (Amtega, Cluster TIC Galicia e Arco Atlántico, Ciberseguridad Y Entorno Digital)
  • Ponencia: “Ciberseguridade en provedores e cadea de subministración”
    • impartida por Francisco Pérez Bes (Socio de Dereito Dixital de Ecix Group e Vocal de Arco Atlántico de Ciberseguridad y Entorno Digital)
  • Panel de debate: “Compliance en Ciberseguridade: Responsabilidades, Obrigacións legais e Bo Goberno.  
    • Participan:
      • Alejandro Alonso (Cybersecurity Cons. da área de Ciberseguridade de NTT Data)
      • Berta Caro (Directora Corporativa MARCOM & DIRSE & Bo Goberno en Tecalis) 
      • André Castelo (Socio Director en APDTIC - Profesionais do Dereito TIC)
  • Presentación Ciber.gal: Gustavo Herva Iglesias, Xefe da Subárea da Seguridade da Amtega
  • Presentación título “Especialista na Ciberseguridade Industrial” da U. de Vigo
    • Impartida por José Ignacio Armesto Quiroga, Profesor na Universidade de Vigo no Dpto. de Enxeñería de Sistemas e Automática
  • Quenda de preguntas
     

Interveñen

Organiza:

logo_cluster

O Clúster TIC de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a empresas, asociacións empresariais, colexios, colexios profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende a súa posta en marcha, o Clúster traballa na posta en valor do macrosector TIC galego, potenciando a colaboración entre empresas, aproveitando a capacidade impulsora das maiores e a axilidade e capacidade de innovación das máis pequenas.

Totalmente comprometido coa sociedade galega, o Clúster xera sinerxías para favorecer un cambio do modelo produtivo cara a unha economía baseada na innovación e na produtividade, capaz de xerar riqueza e emprego de calidade.

A plataforma de Ciberseguridade e Medio Dixital do Arco Atlántico ten como finalidade contribuír a mitigar a fraxilidade dixital inherente ao proceso de transformación acelerada que, con orixe no dixital, está a abordar a Sociedade (os seus cidadáns, empresas e administracións) tanto no ámbito nacional, como no internacional.

Promover, nun espírito xeral e global, a cultura da seguridade dixital (ciberseguridade) e da privacidade no ámbito doméstico, corporativo e industrial, promover o desenvolvemento equitativo de competencias e talentos vinculados á seguridade dixital e á privacidade, e destacar a transversalidade destas disciplinas.

Outro dos obxectivos de ARCO ATLÁNTICO é levar a cabo un labor educativo que fomente a demanda de servizos de seguridade dixital e privacidade entre empresas e administracións.

ciberseguridade_clustertic

Cando?

03 Feb 2022
17.00

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming

Para quen?

Empresas do sector industrial e o público en xeral (profesionais, institucións, órganos e colexios profesionais….) que sintan a curiosidade pola temática ou que estean especialmente sensibilizados ca ciberseguridade.