Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente | Gaiástech

Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente

Modalidade en liña

O evento de Aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade TEGRA está centrado na innovación, cun compoñente institucional sobre estratexia de ciberseguridade e potenciación da I+D en ciberseguridade a nivel nacional.

Presentaranse as innovacións de TEGRA e contarase coa presenza e participación de Amtega e INCIBE.

Para poder seguir o evento é necesario inscribirse aquí.

 

Programa:

09:30 - 09:40 Benvida

  • Sergio Dos santos Vilchez – Director Innovation – Telefonica Tech 

 09:40 - 09:50 Presentación do evento

  • Patricia Argerey Vilar, Directora de GAIN

 09:50 - 10:00 Presentación de resultados innovación TEGRA

  • Juan Elosua – Codirector de TEGRA – Telefónica Tech
  • Juan González - Codirector de TEGRA – Gradiant

10:00 - 10:10  Panorama da ciberseguridade en Galicia e comparativa

  • Félix Barrio Juárez – Director Xeneral – INCIBE

 10:10 - 10:20 Mellorando a ciberintelixencia compartida dende a innovación

  • Iago López Román – CISO – Gradiant

 10:20 - 10:30 Evolución das iniciativas públicas de ciberseguridade en Galicia.

  • Adrián Lence Paz – Director de Infraestruturas e Seguridade – AMTEGA 

 10:30 - 10:40 Casos de uso da tecnoloxía Shadow no mercado

  • Isabel Hernández Ruíz – CEO – Shaadow.io.

 10:40 - 11:00 Peche e axuste de tempos

  • Luís Pérez Freire – Director xeneral – Gradiant

Interveñen

Organiza:

TEGRA - Centro de Innovación en ciberseguridade que conta coa vocación de situar a Galicia como un axente relevante no ámbito da ciberseguridade e crear emprego cualificado nun sector de gran demanda e potencial de crecemento. Este proxecto foi impulsado por Telefónica e Gradiant e conta co apoio da Xunta de Galicia.

O obxectivo de TEGRA Cybersecurity Center é desenvolver produtos e servizos para mellorar a seguridade da información das empresas mediante técnicas criptográficas avanzas, deseñar mecanismos de comprobación da identidade no acceso á información e ferramentas de análises de datos, ademais de sistemas de clasificación de documentación e de detección de accesos irregulares á información.

TEGRA

Cando?

20 de Setembro de 2022
09:30h a 11:00h

Onde?

Modalidade en liña