Introdución á IA na empresa
PRAZAS LIMITADAS, CONFIRMARASE A SÚA INSCRICIÓN OS DÍAS PREVIOS
O obxectivo da sesión é mostrar como a Intelixencia Artificial pode mellorar a eficiencia e competitividade das empresas do sector da biomasa. Abordaranse conceptos clave e aplicacións prácticas da IA, ferramentas accesibles como Power Automate, ChatGPT ou Notion AI, e casos reais que amosan o seu impacto en procesos como a xestión loxística, o seguimento de pedidos ou a automatización de informes.
Programa:
1. Intelixencia Artificial aplicada á empresa
• Conceptos clave: IA, Machine Learning, Deep Learning, Automatización.
• Tipos de IA e a súa aplicación práctica.
2. Contextualización no sector biomasa
• Procesos susceptibles de mellora con IA: cadea de subministración, compras, stock,
atención ao cliente.
3. Ferramentas actuais accesibles para empresas
• Plataformas e solucións sen necesidade de desenvolvemento propio (Non-code / Low-code).
• Introdución a Microsoft Power Automate, ChatGPT, Notion AI, etc.
4. Casos reais do sector
• Caso 1: Automatización de seguimento de pedidos e xeración de informes con
Power BI + IA.
• Caso 2: Uso de modelos predictivos para optimizar a previsión de demanda
loxística.
Organiza:
Cluster da biomasa de Galicia
Asociación sen ánimo de lucro, constituída en febreiro de 2021, que agrupa empresas, entidades públicas e privadas, e outros actores crave do sector da biomasa en Galicia.
Cando?
17 Nov 2025Onde?
Para quen?
Profesionais e empresas do sector forestal e da biomasa, profesionais de enxeñarías forestais e consultaría da industria, estudantes de grado ou máster relacionados co sector forestal e da biomasa, así como outros profesionais e técnicos con interese nas temáticas ofertadas.