Introdución a WiFi-HaLow | Gaiástech

Introdución a WiFi-HaLow

Centro GaiásTech e Streaming

Nesta xornada farase unha introdución ao protocolo de rede IEEE 802.11ah coñecido como Wi-Fi HaLow, caracterizado principalmente por operar na banda de 900 MHz, proporcionando redes Wi-Fi de rango estendido e consumo de enerxía reducido. Estas características convértena nunha tecnoloxía idónea para o IoT. 

Programa:

  • Introdución a Wifi-HaLow (especificación, características)
  • Casos de uso de Wifi-HaLow (IoT, automatización del fogar, monitorización ambiental)
  • Comparación con outras tecnoloxías sen fíos de baixo consumo
  • Demostración práctica: Transmisión de información e avaliación de prestacións nunha rede Wifi-HaLow
     

Interveñen

Colabora:

aetg

Organiza:

NODO 5G - é unha iniciativa para promover e dinamizar o sector tic galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados co 5G.
 

Impartido por

cristina lopez bravo
Cristina López Bravo

Profesora Titular no departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo, investigadora en atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías das Telecomunicacións) e membro do grupo de investigación en Tecnoloxías da Información  (GTI) da Universidade de Vigo.

wifi hallow

Cando?

27 Out 2023
De 16:00 a 17:00

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming

Quen participa?

  • Cristina López Bravo

Para quen?

  • Profesionais do ámbito das telecomunicacións
  • Emprendedores/as
  • Estudantes