Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

IuristicGal X xornada de informática xudicial e delitos informáticos | Gaiástech

IuristicGal X xornada de informática xudicial e delitos informáticos

Centro GaiásTech e streaming

O obxectivo destas xornadas é informar e concienciar aos xuristas e outros profesionais forenses dos avances en materia xurídica e probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial, así como sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática. O obxectivo último non é outro que o de dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica á vez que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa administración xudicial e dos nosos profesionais de xustiza co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.

Programa:

  • 9:00 Presentación
  • 9:15 - 9:45 1º Relatorio - "A intelixencia artificial como apoio do labor xudicial: a automatización da Xustiza”
    • Juan Corvalán, (Fiscal Xeneral Adxunto de Buenos Aires, Arxentina. Creador e desarrollador de Prometea) En liña dende Arxentina
  • 10:15 - 10:45 2º Relatorio - “Medios de proba válidos e eficaces na loita contra a epidemia dos ciberdelitos”
    •  Eloy Velasco (Maxistrado da Audiencia Nacional)
  • 11:15 - 11:45 3º Relatorio - “Tratamento de datos xenéticos no século XXI
    • Pilar Nicolás Jiménez (Profesora de Dereito e GI Cátedra de Dereito e Xenoma Humano da UPV/ EHU).
  • 12:15 - 12:45 4º Relatorio - "A privacidade pódese garantir aínda en tempos de pandemia”
    • Carmela Troncoso (Profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suíza. Fundadora do protocolo DP-3 T adoptado por Apple e Google nas suas Apps de rastrexo COVID) En liña dende Suiza
  • 13:15 - 14:15 Mesa Redonda - “¿Pode a tecnoloxía axudar a protexer os nosos dereitos e optimizar o funcionamento da Xustiza?”
    • Moderador: Víctor Salgado (Avogado TIC, @abonauta)
  • 14:15 Clausura X Xornada IuristicGal

Interveñen

Organiza:

 CPETIG     Xunta logo

apretonmanos

Cando?

21 Out 2021
De 09:00h a 14:15h

Onde?

Centro GaiásTech e streaming