Kit Dixital: impulso á dixitalización administrativa
O obxectivo da sesión é informar sobre as vantaxes da dixitalización administrativa como ferramenta clave para mellorar a eficacia competitiva das empresas. Coa axuda das solución de Docuten, e a través das axudas do Kit Dixital, todas aquelas compañías que teñan en mente este proceso tan necesario poderán inicialo cumprindo unha serie de requisitos mínimos.
Programa:
- Introdución
- A dixitalización administrativa no contexto de transformación dixital das compañías.
- Kit Dixital: axudas para a dixitalización de PYMES
- Que é exactamente o Kit Dixital?
- A quen se dirixe? Clasificación dos segmentos beneficiarios
- Cales son os requisitos mínimos que se deben cumprir para ser beneficiario?
- Paso a paso para tramitar a solicitude
- Docuten
- A importancia de dixitalizar procesos administrativos. Casos de uso e beneficios.
- Firma dixital. Caso de uso
- Factura. Caso de uso
- Solucións de Docuten para o Kit Dixital
- A importancia de dixitalizar procesos administrativos. Casos de uso e beneficios.
- Quenda de preguntas
- Café virtual
Imparte:
Docuten
Docuten é unha empresa tecnolóxica galega, con sedes na Coruña e Madrid, que conta cunha plataforma que ten como obxetivo principal converter ós seus clientes en empresas “sen papel” coa transformación dixital dos seus procesos administrativos a través da firma dixital e a emisión e recepción de facturas electrónicas.
Conta con clientes de referencia como Zendal, Estrella Galicia, HolaLuz, Abanca, Grupo Planeta, Kimak, Levi´s, Bimba y Lola, Grupo Acebrón, Unidad Editorial, CLUN e outros.
Impartido por
Dani Cerqueiro
Licenciado e doctor en Ciencias Físicas, Dani Cerqueiro leva dende 2004 dedicado ás TIC. A súa principal ocupación actual é ser el CMO e Director de negocio de Docuten, ademáis de ser o presidente de Startup Galicia, así como de realizar actividades formativas relacionadas coa Transformación Dixital e o emprendemento.
Cando?
13 Mai 2022Onde?
Quen participa?
- Docuten
- Dani Cerqueiro
Para quen?
PEMES de menos de 50 empregados relativas a sectores como Industrial, Fashion Retail, Alimentación, Legal, Servizos ou calquera outro que precise implantar solucións de firma dixital e/ou emisión e recepción de factura electrónica.