Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Localización de activos IoT con Grafana + n8n | Gaiástech

Localización de activos IoT con Grafana + n8n

Streaming

LIGAZÓN DE ACCESO AO STREAMING  

Esta actividade ofrece unha visión práctica e accesible sobre como construír un sistema de xeolocalización en tempo real utilizando ferramentas de código aberto. Ao longo da sesión móstranse os pasos fundamentais para recibir datos desde un dispositivo ou script, procesalos mediante fluxos automatizados e representalos visualmente nun panel xeoespacial.
A formación pon o foco en comprender o fluxo completo de información -desde a xeración de coordenadas ata a visualización final- e en como configurar alertas que permitan supervisar a localización ou o estado dun dispositivo. A actividade está orientada a persoas interesadas en IoT, monitorización, automatización ou análise de datos, independentemente do seu nivel técnico

Programa:

  • Xeolocalización de activos (simulación)
  • Recepción e procesamento de coordenadas
  • Visualizacións
  • Alertas

Organiza:

Nodo Galego de Conectividade. Conectivi.gal

É unha iniciativa para promover e dinamizar o sector TIC galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados coa conectividade.

Impartido por

marc badosa
Marc Badosa Samsó

Estudou un grao en multimedia, máster en intelixencia artificial e en visión por computador. Referente experiencia profesional, ano e medio de desenvolvedor “full-stack” utilizando computación na nube e actualmente investigador en intelixencia artificial.

n8n

Cando?

17 Dec 2025
De 17:00 a 19:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Marc Badosa Samsó

Para quen?

Profesionais, estudantes e persoas interesadas en dar os primeiros pasos en monitorización e visualización de datos con ferramentas abertas.