Máquinas que falan. Aplicacións prácticas das tecnoloxías baseadas na linguaxe ¿Que son e que beneficios aporta á empresa?
O obxectivo da sesión e dar a coñecer en que consiste o procesamento da linguaxe natural o tamén chamado NLP (Natural Language Processing) e as súas principais vertentes: as que falan do entendemento NLU (Natural Language Understanding), do recoñecemento de voz (Speech Recognition) e da xeración da linguaxe (NLG Natural Language Generation).
Unha vez introducido este campo dentro da Intelixencia Artificial veremos como estas tecnoloxías dan soporte a dixitalización e a transformación dixital das empresas en calquera ámbito, mellorando a produtividade e a competitividade das mesmas.
Programa:
- Recepción de asistentes
- Benvida e presentación da xornada. Sentido e propósito
- Conferencia
- NLP na Intelixencia Artificial. Vertentes.
- NLP: Aplicacións na empresa. Como construír estratexias de negocio baseadas no NLP?
- NLP: Casos de éxito
- Coloquio
- Quenda de preguntas
Impartido por

Sonia González Vázquez
É doutora en Enxeñeira Informática por la Universidade da Coruña. Conta con 12 publicacións en revistas científicas e varios proxectos de fin de grado dirixidos na Universidade da Coruña. Ademais desenrolou labores de docencia como profesora asociada no departamento de Economía, Facultat de Ciéncies Economiques i Empresarials da Universitat de Girona.

Cando?
Onde?
Quen participa?
Sonia González VázquezPara quen?
Calquera axente do sector industrial interesado en coñecer como articular as tecnoloxías do procesamento da linguaxe natural as súas necesidades.