MES = OUI!® ERP. A xestión industrial coa forza do dato único.
Coñecer en maior profundidade o que un ERP de corte industrial pode ofrecer para a xestión da empresa. E como a integración nativa de sistemas específicos como un MES ou un CRM dentro do sistema de xestión poden achegar axilidade e análise 360° dos datos para unha correcta toma de decisións.
OUI!® ERP é un sistema integrado de xestión empresarial, cunha alta especialización en empresas de tipo industrial. Estruturado en módulos, e dividido en tres áreas básicas: OROS, para a xestión comercial e administrativa, IRIS, para a xestión contable e financeira, e URUS para a xestión de produción, calidade, modelo de custos…
OUI!® está orientado claramente a achegar solucións sinxelas e prácticas para a explotación da información mediante ferramentas de Business Intelligence, e á integración de todas as áreas da empresa nunha soa plataforma, fomentando así sinerxias dentro da organización
Programa:
- Presentación de OUI! ERP
- A xestión integrada: o poder do dato único.
- A área industrial e as vantaxes dun MES nativo no ERP.
- A explotación da información: BI integrado.
- Quenda de preguntas
- Networking
Organiza:
APM Comercial Informática
A experiencia de APM na xestión de empresas desde hai máis de 40 anos permítenos ofrecer en OUI!® ERP soluciones contrastadas para a xestión empresarial, co foco posto especificamente nos procesos industriais, con ferramentas integradas no sistema como MES, BI, WOM, Monitorización de planta...
Cando?
29 Xan 2025Onde?
Para quen?
Directivos, mandos intermedios e empresarios involucrados na xestión de empresas industriais.