#MesD RRSS. Facebook realmente é a raíña das redes sociais? | Gaiástech

#MesD RRSS. Facebook realmente é a raíña das redes sociais?

Só por streaming

ACCESO AO STREAMING
 

Quen non coñece Facebook? Quen non sabe publicar un contido no seu perfil persoal? O obxectivo desta formación é levar o coñecemento desta rede social a unha escala máis profesional para saber responder, acerca da propia marca ou empresa, a preguntas como:

  • Ten que estar a miña marca ou empresa necesariamente en Facebook?
  • De ser así, creo unha páxina ou mellor unha comunidade?
  • Que contidos debo publicar? Cando? Como? Por onde empezo?
  • Podería xestionar esta parte eu mesmo ou o persoal da miña empresa? É operativo? É prudente?

Programa:

  • De raíña das redes sociais a campo de batalla
  • O papel de Facebook dentro da estratexia de comunicación en redes sociais dunha empresa. É sempre necesario “estar en Facebook”?
    • O mellor aliado de Facebook, Instagram
    • Son as páxinas a única opción de presenza en Facebook para unha marca ou empresa?
    • Os contidos: tipos de publicación
    • A importancia das frecuencias e as horas de publicación
    • Xestión dos comentarios
    • As crises: xestión de “trolls”
  • Monitorización: está a compensar esta parte do investimento en comunicación? Como optimizalo?
  • Campañas pagadas: 
    • Opcións que presenta Facebook
    • Cando elixir cada unha?
    • Seguimento das campañas pagadas
  • Quen debe xestionar a presenza en Facebook da miña marca ou empresa?
     

Interveñen

Impartido por

Arancha Vilas
Arancha Vilas

Licenciada en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo.

Xestora da primeira incursión en redes sociais da IXP Tenreira Galega no ano 2010 e colaboradora no equipo da de Pizza Móvil no mesmo momento.

Creadora e xestora da estratexia de comunicación social da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas de 2013 a 2016, momento en que viviron o seu máximo pulo.

Ademais de ter xestionado a entrada en España da tecnolóxica chinesa Elephone e ter batido todos os récords en ronda de "equity crowdfunding" a través dunha plataforma española para a cervexa artesana Dougall's.

Actualmente xestiona a comunicación social dalgúns festivais, da programación de Vigocultura, as redes de Presume de Galicia e algúns contidos das redes sociais da Amtega.Tamén vén de colaborar activamente na creación da estratexia de comunicación social para GaiásTech.

facebook

Cando?

01 de Xullo de 2021
De 10:00h a 12:00h

Onde?

Só por streaming

Quen participa?

Arancha Vilas

Para quen?

Persoas á fronte de departamentos de comunicación; persoas cunha marca ou empresa xa creada ou en proceso de creación e persoas que precisen descubrir Facebook desde a perspectiva máis profesional.