#MesD RRSS. LinkedIn e o employer branding
Tomar conciencia da necesidade das empresas de contar cunha imaxe de marca empregadora para atraer os mellores profesionais nun contexto de escaseza do talento diferencial.
Identificar as posibilidades de LinkedIn como ferramenta de employer branding.
Coñecer prácticas empresariais con LinkedIn ou mesmo con outras ferramentas dixitais que poidan servir para a nosa propia actividade profesional.
Programa:
- O concepto de employer branding: por que é importante
- Presentación de LinkedIn como ferramenta empresarial e as súas posibilidades para o uso como ferramenta de employer branding
- O perfil de empresa en LinkedIn: características e servizos principais
- Outros servizos de LinkedIn: opcións de pago e complementarias
- Exemplos de employer branding en LinkedIn
Impartido por
Xosé Alberte Cea
Orientador laboral do concello de Vigo que traballa con persoas e empresas en cuestións de desenvolvemento profesional, employer branding ou talento no contorno do novo mercado laboral da sociedade dixital.
Cando?
21 Xul 2021Onde?
Quen participa?
- Xosé Alberte Cea
Para quen?
Pequenas e medianas empresas, persoas con proxectos de emprendemento, xestores de marca, responsables de selección e/ou de RR. HH., público en xeral.