#MesD Software Libre: ARDUINO PARA O MUNDO REAL: ARDUPOWER CONTROLLER
O obxectivo da sesión é darnos a coñecer como o Arduino é tamén unha ferramenta mui útil e práctica para resolver necesidades no mundo real da industria, a domótica, proxectos de makers ou na formación profesional. Preséntase o Ardupower, un controlador deseñado por Strelia Electrotecnia como hardware libre baseado en Arduino, e demostramos das vantaxes desta tecnoloxía para a automatización e o monitorizado. Veremos polo miúdo o Ardupower en funcionamento nunha aplicación real sobre a que o público poderá interactuar.
Programa:
- Que resolve Arduino no mundo real?
- Características de Ardupower Controller Leonardo.
- Aplicacións en industria, domótica, makers e ensino.
- Ardupower: hardware e software libre.
- Demo práctica de Ardupower nun sistema real.
- Quenda de preguntas
Imparte:
Strelia Electrotecnia
É unha cooperativa galega de tecnoloxía que fai desenvolvemento electrónico para aplicacións profesionais e proxectos de enxeñaría de telecomunicacións. Strelia é a creadora de Ardupower.
Cando?
18 Out 2023Onde?
Quen participa?
- Strelia Electrotecnia
Para quen?
Profesionais da enxeñaría electrónica e industrial, makers, profesorado de tecnoloxía e formación profesional, xente con interese no hardware libre e o software libre.