Metaversos. Enfoque opensource
Desde un punto de vista principalmente práctico e empresarial, o obxectivo da sesión é dar a coñecer o concepto dos metaversos interconectados, que estende o propio concepto de metaverso dotándoo de máis complexidade.
Neste evento, exploraremos o potencial dos Metaversos, expoñendo como o seu uso achega valor engadido a sectores como a saúde ou educación. Tamén, fronte a metaversos propietarios pechados e controlados por empresas, trataremos a democratización do metaverso mediante o uso de ferramentas de código aberto.
Inscríbete agora e forma parte desta emocionante revolución dixital!
Programa:
- Os metaversos
- Os metaversos en distintos sectores
- Saúde
- Educación
- Industria
- Metaversos abertos
- Quenda de preguntas
Imparte:
ITG
é un centro tecnolóxico privado que, desde 1991, impulsa a competitividade empresarial mediante tecnoloxía, innovación e I+D. Conta con capacidades avanzadas en intelixencia artificial, enerxía, mobilidade non tripulada e computación cuántica. Neste ámbito, é Centro de Excelencia Cervera desde 2023 e participa en dous proxectos estratéxicos: ARQA, orientado a aplicacións de computación cuántica para a empresa, e ARQADE, centrado en computación cuántica accesible e dual para Defensa e sectores estratéxicos.
Cando?
09 Nov 2023Onde?
Quen participa?
- ITG
Para quen?
Esta sesión está deseñada para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecemento do concepto metaverso.
Así, para asistir á xornada, non se require experiencia previa sendo válida para calquera persoa interesada na temática, aínda que é especialmente interesante para o sector empresarial dado que se mostrarán exemplos de como estas tecnoloxías poden dar solución ás necesidades de formación, optimización de procesos, control de calidade, ou dixitalización.