n8n + Grafana: Automatización de informes a partir de datos de sensores
Esta sesión práctica introducirá ao público en n8n, unha plataforma de automatización sen código, e mostrará como xerar informes automáticos a partir de datos utilizados en Grafana.
Nun percorrido claro e práctico, os asistentes aprenderán que é n8n, como funciona, como se integran os seus fluxos con fontes de datos e como xerar informes automáticos con métricas diarias, semanais ou mensuais. Ilustrarase con exemplos reais e sinxelos para facilitar a comprensión mesmo a quen non teñan experiencia previa.
Programa:
- Introdución a n8n: concepto xeral, filosofía de automatización e funcionamento baseado en workflows.
- Casos de uso básicos: exemplos simples de automatizacións para entender a súa utilidade inmediata.
- Compoñentes esenciais de n8n: triggers, nodos e fluxo de datos entre eles.
- Demostración práctica: creación dun exemplo real de automatización completa.
- Automatización de informes con datos de Grafana: integración, xeración de informes e análise histórica.
Organiza:
Nodo Galego de Conectividade. Conectivi.gal
É unha iniciativa para promover e dinamizar o sector TIC galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados coa conectividade.
Impartido por
Marc Badosa Samsó
Estudou un grao en multimedia, máster en intelixencia artificial e en visión por computador. Referente experiencia profesional, ano e medio de desenvolvedor “full-stack” utilizando computación na nube e actualmente investigador en intelixencia artificial.
Cando?
02 Dec 2025Onde?
Quen participa?
- Marc Badosa Samsó
Para quen?
Profesionais, estudantes e persoas interesadas en dar os primeiros pasos en monitorización e visualización de datos con ferramentas abertas.