Nextcloud Enterprise Hub: a plataforma de colaboración open-source para a túa empresa
O obxectivo da charla é expoñer aos asistentes a oferta de valor de Nextcloud Enterprise Hub, a versión da plataforma desenvolvida para as empresas. NCE é a plataforma de colaboración de código aberto líder en centro Europa e en forte expansión en España. Grazas á súa gran escalabilidade, os seus diferentes compoñentes integrados, que inclúen edición colaborativa, groupware e videoconferencias, e a unha gran variedade de plugins, NCE satisfai as esixencias de organizacións activas en sectores diferentes, como o educativo, o sanitario, o financeiro, o dos servizos e a administración pública. Extremadamente sinxela para o usuario final, a plataforma pódese instalar en CPD propio, en modo SaaS ou na nube, así proporcionando unha flexibilidade difícil de atopar en solucións similares
Programa:
- 09:30: Café de benvida
- 10:00: Charla
- Nextcloud GmbH: quen son?
- Demo da plataforma Nextcloud Hub
- As novidades
- Vantaxes da versión empresarial
- Quenda de preguntas
- 11:00: Café
Interveñen
Imparte:

Nextcloud
Nextcloud é a compañía alemá líder no Open source, que desenvolve, mantén e comercializa en todo o mundo a plataforma do mesmo nome. A empresa iniciouse en xuño de 2016 por Frank Karlitschek e unha ducia de experimentados empresarios e enxeñeiros de código aberto para empoderar aos usuarios para recuperar o control dos seus datos e a comunicación. Desde entón, a súa expansión foi imparable e conta agora cunha base global de máis de 500 clientes, desde autonomos e pequenas empresas ata corporacións multinacionais
Impartido por
Pietro Marini, Enxeñeiro de Preventas Senior, Nextcloud GmbH
Tras licenciarse en Física en 2011 na Universidade de Pavía (Italia), Pietro traballou como desarrollador e consultor no sector da Business Intelligence e a analítica de datos para empresas de toda Europa. Na actualidade vive coa súa familia en Galicia.

Cando?
Onde?
Quen participa?
Nextcloud Pietro Marini, Enxeñeiro de Preventas Senior, Nextcloud GmbHPara quen?
Todas as persoas que queren coñecer máis de Nextcloud Enterprise Hub, que están a valorar diferentes plataformas de colaboración ou que se están expondo un despregamento deste tipo de servizo na súa empresa ou organización.