Nova data: Despregue de tendidos aéreos de telecomunicación en núcleos rurais. Todo o que necesitas saber! | Gaiástech

Nova data: Despregue de tendidos aéreos de telecomunicación en núcleos rurais. Todo o que necesitas saber!

Streaming

Inscrición

Publicación do día 19 de decembro no Diario Oficial de Galicia, da RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á Instrución conxunta da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sobre a viabilidade dos tendidos aéreos de telecomunicacións nos núcleos rurais tradicionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun asunto de especial interese para os concellos xa que atinxe ao despregue das novas redes de fibra óptica nos núcleos rurais de Galicia. Esta resolución resolve en boa medida a convivencia na aplicación da Lei do Solo de Galicia (Lei 2/2016 de 10 de febreiro) e da Ley General de Telecomunicaciones (Ley 11/2022 de 18 de junio). Aclara que a prohibición dos tendidos aéreos de cableados de telecomunicacións prevista na Lei do Solo de Galicia, só pode ser aplicada dentro do marco da Ley General de Telecomunicaciones, é dicir, que prevalece esta última, permitindo a colocación de tendidos aéreos de fibra óptica, segundo se especifica no seguinte texto: “Nos casos nos que non existan canalizacións [soterradas] ou non sexa posible ou razoable o seu uso por razóns técnicas, os operadores poderán efectuar despregues aéreos seguindo os previamente existentes”.

Programa:

  • Presentación a cargo dun representante da Amtega ou directamente persoal do Gaiástech (por determinar)
  • Conferencia: Despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais, a cargo de Javier Fernández Fraga
  • Quenda de preguntas
     

Interveñen

Colabora:

amtega

Organiza:

aetg

fibra

Cando?

24 Mar 2023
12:00 - 12:30h

Onde?

Streaming

Para quen?

Dirixida aos concellos galegos, principalmente ao personal técnico e relacionado coa área de telecomunicacións. Tamén para usuarios interesados en xeral.