Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público. | Gaiástech

O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público.

Presencial (Centro GaiásTech) e streaming

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza este encontro de expertos que forma parte das actividades do proxecto «Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais», encadrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH).

logo_financiacion

Os xemelgos dixitais están a consolidarse como unha tecnoloxía clave para optimizar a xestión de infraestruturas, territorios e servizos públicos mediante o uso intelixente dos datos. Esta xornada reunirá a empresas tecnolóxicas, administracións públicas e expertos do sector para compartir experiencias reais, analizar os retos técnicos da súa implantación e debater sobre os modelos de gobernanza, interoperabilidade e escalabilidade necesarias para impulsar proxectos de éxito. Ademais, presentarase a estratexia da Xunta de Galicia en materia de xemelgos dixitais e a súa folla de ruta para o desenvolvemento do territorio intelixente.
 

Programa:

Moderador do acto: Manuel Borobio

09:30 – 10:00 | Recepción e apertura

  • Rexistro de asistencia.
  • Apertura institucional - Damián Rey Rodríguez | Director da Amtega

10:00 – 11:00 | Presentacións institucionais: Perspectivas e experiencias (Proxecto RETECH – Xemelgos Dixitais – Experiencias e perspectivas)

  • Participantes:
    • Representante Logroño 
    • Representante Navarra
    • Representante Galicia 

11:00 – 12:00 | Mesa redonda - Institucións: "Do piloto territorial á infraestrutura pública"

  • Modera: Manuel Borobio
  • Participantes:
    • Cecilia Canda González | Tit. Sup. Proxecto Down to Earth - AGADER 
    • Manuel Gallego Priego | Técnico Xestión Información Xeográfica - IET
    • Abraham Carrera Groba | Técn. Sup. Sist. e Tecnol. da Información - Amtega
    • José Antonio Núñez Fernández  | Responsable de Calidade, Proxectos e Procesos Especiais - RETEGAL 

12:00 – 12:45 | Pausa café e networking

12:45 – 13:45 | Mesa redonda - Empresas: "Estado, avances e problemáticas na implementación de xemelgos dixitais"

  • Modera: Manuel Borobio.
  • Participantes
    • David Ernesto Sánchez Sánchez | Consultor Tecnolóxico SIX e Territorio - Plexus
    • David Hervella | Xerente AAPP e Smart Tech - CINFO
    • Daniel García Coego | Director Área de Sistemas Intelixentes - Gradiant
    • Miguel Pascual | CEO - HAREAS
    • Roberto Viudez | CEO - BIDEROAD

13:45 – 14:00 | Síntese de aprendizaxe e clausura 
Conclusións do evento e clausura da xornada
 

Imparte:

gemelo

Cando?

08 Set 2026
De 09:30 a 14:00

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech) e streaming

Quen participa?

  • Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Para quen?

  • Empresas tecnolóxicas e consultoras
  • Pemes e grandes empresas con proxectos de dixitalización, IoT, IA ou análise de datos.
  • Administracións públicas e entidades vinculadas á xestión do territorio, infraestruturas e servizos públicos.
  • Responsables de innovación, transformación dixital, Smart Cities e Smart Territories.
  • Profesionais especializados en datos, GIS, IoT, telecomunicacións...