Obradoiro de análise forense de imaxes no II Encontro CIBER.gal
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 9 de novembro de 2022 ás 16.00h, a Cátedra R en Ciberseguridade organiza un obradoiro de análise forense de imaxes dirixido a estudantes de FP de Grao Superior, de Cursos de Especialización e de graos e mestrados universitarios en estudos afíns ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
Programa:
O taller organízase en 3 actividades:
Actividade 1: Entendendo os conceptos tras a análise forense de imaxes (40 mins). Evolución dende os primeiros métodos baseados na análise de trazas características que quedan atrás despois da aplicación dun determinado procesado ata o uso de aprendizaxe máquina (a través de redes neurais) para detectar e localizar diferentes tipos de manipulacións.
Actividade 2: Como se realizan manipulacións? (55 mins): Exercicios guiados sobre como se realizan certas manipulacións en imaxes. Pódense usar aplicacións de software libre (como o GIMP) ou aplicacións dispoñibles a través da web (como Photopea ou Pixlr).
Actividade 3: Como detectar manipulacións? (55 minutos). Exercicios guiados sobre como detectar manipulacións con ferramentas dispoñibles online, por exemplo, con: Forensically e MeVer. Tempo libre para facer as súas propias manipulacións e ver se as ferramentas dispoñibles online son capaces de detectalas.
Actividade 4: A realidade da análise forense de imaxes. (30 mins) Presentación e discusión de casos reais e das ferramentas utilizadas.
Interveñen
Imparte:

Cátedra R en Ciberseguridad
Entidade patrocinadora VIP do II Encontro CIBER.gal
Organiza:
Cátedra R en Ciberseguridade no marco do II Encontro CIBER.gal
Máis Información
Material preciso para o asistente: portátil para poder realizar os exercicios guiados e unha conexión a Internet a través dunha rede Wifi.

Cando?
09 Nov 2022Onde?
Quen participa?
- Cátedra R en Ciberseguridad
Para quen?
Dirixido a estudantes de FP de Grao Superior, de Cursos de Especialización e de graos e mestrados universitarios en estudos afíns ás tecnoloxías da información e as comunicacións.