Obradoiro técnico "Intrusión nun contorno de Directorio Activo e análise forense do devandito ataque"
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 12.00h terá lugar o taller técnico "Intrusión nun contorno de Directorio Activo e análise forense do devandito ataque" onde se mostrarán algunhas técnicas de intrusión e elevación de privilexios nun contorno de Directorio Activo, e realizarase unha análise forense dos equipos comprometidos para atopar as evidencias que o ataque deixase.
Programa:
Neste obradoiro mostraranse algunhas técnicas de intrusión e elevación de privilexios nu contorno de Directorio Activo con Windows Server 2019 e un cliente Windows 10. Posteriormente, realizarase unha análise forense dos equipos comprometidos co obxectivo de atopar as evidencias que o ataque deixase.
Coñecementos necesarios:
- Manexo de máquinas virtuais con VirtualBox
- Coñecementos básicos de redes e administración de sistemas operativos
Infraestrutura necesaria para os asistentes:
- Computador portátil con:
- microprocesador con alomenos 4 núcleos
- 16GB de RAM
- uns 200GB libres de disco ríxido, preferiblemente SSD
- Software instalado VirtualBox versión 6.1
- As máquinas virtuais e ficheiros de evidencias necesarios serán facilitados
- As ligazóns de descarga facilitaranse con días de antelación
Interveñen
Máis Información
Obradoiro impartido por:
- Rafael López García, Profesor do Departamento de Informática e Comunicacións do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
- Andrés del Río Rodríguez, Profesor do Departamento de Informática e Comunicacións do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Cando?
Onde?
Para quen?
- Estudantes de cursos de especialización de ciberseguridade de FP
- Estudantes de másteres universitarios de ciberseguridade
- Estudantes de últimos cursos de ciclos superiores da rama de informática de FP
- Estudantes de últimos cursos de grao universitario en informática ou do máster en enxeñería informática.
- Técnicos de departamentos IT de empresas e entidades.