Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Oportunidades dos drons coa nova regulación europea | Gaiástech

Oportunidades dos drons coa nova regulación europea

Streaming e Centro GaiásTech
Imparte: ITG

Inscrición

Reflexión sobre as oportunidades dos  UAVs ante a evolución das normativas e regulación internacional, centrando a atención en sectores e ámbitos clave para a implantación de solucións de automatización e control mediante drons a curto prazo. Análise do contexto social e xeopolítico, falaremos dos retos actuais da globalización e o papel do sector dos drons para empuxar e achegar solucións tecnolóxicas eficientes e eficaces.
 

Programa:

  • Situación  tecnolóxica e normativa do sector  UAS (regulación,  USPACE, solucións tecnolóxicas para voos autónomos como  DSB,  IA, etc)
  • Aplicacións en sectores crave:
    • Inspección industrial
    • Vixilancia, seguridade e defensa
    • Obra civil
    • Loxística
  • Quenda de preguntas
     

Imparte:

ITG

é un centro tecnolóxico privado que, desde 1991, impulsa a competitividade empresarial mediante tecnoloxía, innovación e I+D. Conta con capacidades avanzadas en intelixencia artificial, enerxía, mobilidade non tripulada e computación cuántica. Neste ámbito, é Centro de Excelencia Cervera desde 2023 e participa en dous proxectos estratéxicos: ARQA, orientado a aplicacións de computación cuántica para a empresa, e ARQADE, centrado en computación cuántica accesible e dual para Defensa e sectores estratéxicos.
 

ITG_DRON

Cando?

16 Xuñ 2022
16:30

Onde?

Streaming e Centro GaiásTech

Quen participa?

  • ITG

Para quen?

Aplicacións en sectores clave: Inspección industrial; Vixilancia, seguridade e defensa; Obra civil e Loxística. Operadores de drons.