Pinchos & datos
Pinchos&Datos é unha iniciativa de DXC Technology dentro do programa Digitalent da AMTEGA, como unha actividade do fomento do talento dixital
No evento, catro relatores ofrecerán charlas breves, duns 10 ou 15 minutos, sobre temáticas dixitais de actualidade como a tecnoloxía de datos, a Intelixencia artificial, a aprendizaxe automática ou o Big Data.
A actividade busca achegar as novas tendencias tecnolóxicas ao público xeral nun formato distendido, gozando duns pinchos mentres se escoitan as charlas.
Las catro charlas desta edición son:
- Modamáticas, impartida por Francisco José González Diéguez, Doutor en Matemática Aplicada.
- O valor dos datos para as AAPPs, impartida por Carlos Javier Olalla Cano, Técnico superior sistemas e tecnoloxías da información na AMTEGA
- Detección de desinformación en liña relacionada coa saúde, impartida por Marcos Fernández Pichel, Investigador predoutoral en CiTIUS
- Como deseñar un avión a proba de balas, impartida por Andrea Vilar Álvarez, Analista de datos en DXC Technology
Tras as charlas, abrirase unha mesa redonda na que o público pode facer preguntas ou expoñer as súas ideas.
Programa:
20:15 - 20:30 Modamáticas. Francisco José González Diéguez
20:30 - 20:45 O valor dos datos para as AAPPs. Carlos Javier Olalla Cano
20:45 - 21:00 Detección de desinformación online relacionada coa saúde. Marcos Fernández Pichel
21:15 - 21:30 Como deseñar un avión a proba de balas. Andrea Vilar Álvarez
Interveñen
Organiza:

Cando?
Onde?
Para quen?
Público xeral