Potencia a túa marca co Método 360° de Marketing e Comunicación. Misuqui
O obxectivo é facilitar ás empresas participantes as estratexias máis eficaces e innovadoras que lles permitirán impulsar a súa marca, diferenciarse da competencia e fortalecer a súa reputación corporativa.
A axencia galega Misuqui fará un percorrido polo seu Método 360° de Marketing e Comunicación, implementado xa en numerosas empresas de diferentes sectores de actividade, e dará as pautas para que os participantes poidan integralo con éxito na súa estratexia de negocio.
Programa:
- Método 360°: En que consiste e por que é a fórmula idónea para mellorar o posicionamento do teu negocio.
- Como implementalo adecuadamente, independentemente do tamaño da túa empresa ou sector de actividade. Pautas para que os participantes poidan desenvolvelo adecuadamente.
- Casos de éxito. Resultados obtidos por pemes de Galicia e Portugal que xa integraron este método no seu plan de acción.
Interveñen
Imparte:

Misuqui Comunicación
Somos unha axencia galega especializada no desenvolvemento de estratexias de márketing e comunicación. Gústanos ser funcionais e creativos, e traballar sempre de maneira personalizada cos nosos clientes. Apostamos polo dinamismo e a constante evolución das marcas, porque sabemos que só así poden ser competitivas nun mercado que está en constante cambio.
CONTACTO
881 91 64 70/636 01 60 55
julia.tabora@misuqui.es
Organiza:
Amtega

Cando?
Onde?
Quen participa?
Misuqui ComunicaciónPara quen?
PEMES e empresas en xeral que queiran impulsar a súa marca e fortalecer a reputación corporativa