Presentación da “Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software”
Centro GaiásTech e Streaming
O obxectivo da sesión é dar a coñecer a nova “Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software”. Promovida pola Xunta de Galicia, esta guía trata os aspectos prácticos que hai que ter en conta para publicar tanto contidos como software baixo unha licenza libre.
Programa:
- O por qué desta guía
- Presentación da guía e o seu uso
- Comentarios e preguntas
Interveñen
Organiza:
Oficina de Coordinación de Software Libre (Amtega).
A Oficina de Software Libre da Amtega é o punto de referencia para a coordinación de todas as accións en materia de difusión e fomento do uso do software libre da Xunta de Galicia.
Máis Información
Relatoras:
- Uxía Romero, Xefa do Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial (Amtega)
- Bárbara Román, Oficina Software Libre (Amtega)
- Marelisa Blanco, Oficina Software Libre (Amtega)

Cando?
20 de Setembro de 2022
17:00 - 18:00
Onde?
Centro GaiásTech e Streaming
Para quen?
Esta guía está pensada para calquera persoa ou entidade, tanto de ámbito público como privado.