Presentación de Tecalis Avatar Identity Technology
Transmitir que é e en que consiste a primeira tecnoloxía de identificación de identidade de avatares no metaverso. A fraude de identidade é cada vez máis frecuente en calquera ámbito e espazo tecnolóxico actual, e o eminente metaverso preséntase como un dos espazos que poderán sufrilo facilmente. Este espazo na nube estará marcado polos avatares, as identidades e as novas relacións tecnolóxicas pero, como estaremos seguros de que o outro é quen di ser?
Mediante técnicas avanzadas baseadas en intelixencia artificial e machine learning, realízanse os controis e comprobacións necesarias en tempo real, para proceder á certificación de que ese avatar é quen di ser.
Programa:
- Presentación da Tecalis Avatar Identity de verificación de identidade de avatares no metaverso.
- Rogos e preguntas
Interveñen
Imparte:

Tecalis
A empresa tecnolóxica galega Tecalis está especializada no desenvolvemento de produto dixital innovador que impulsa a competitividade, os procesos de crecemento, transformación dixital e a produtividade de empresas líderes a nivel mundial. Os seus procesos de verificación biométrica de identidade, KYC e probas de vida avanzadas convertérona en Trust Services Provider (certificado pola Unión Europea) e en líder en tecnoloxía Identity a nivel internacional.

Cando?
Onde?
Quen participa?
TecalisPara quen?
Organizacións, persoas e usuarios interesados en coñecer a primeira tecnoloxía que combate a suplantación de identidade de avatares no metaverso e as súas consecuencias, así como a tecnoloxía que confirma que detrás dese avatar existe unha persoa con identidade verificada.