Presentación do científico David Glowacki
“Os recentes avances no campo da Realidade Virtual, a informática, a tecnoloxía inmersiva e a Intelixencia Artificial, fan que este sexa un momento especialmente emocionante para iniciar este programa de investigación en particular, para producir novos coñecementos de investigación e para desenvolver novas e emocionantes formas que permitan que o público se involucre con diversas ideas científicas”. Con estas palabras resumía David Glowacki (Milwaukee, 1981), a ilusión de comezar unha nova etapa profesional na USC da man do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da universidade compostelá (CiTIUS) e o programa de captación de talento ‘Oportunius’, da Axencia Galega de Investigación (GAIN). Glowacki desenvolverá o proxecto NANOVR, un ambicioso desafío científico que obtivo o respaldo do Consello Europeo de Investigación (ERC) a través dunha das súas axudas ‘Consolidator Grant’, dotada con case dous millóns de euros, e que ten como obxectivo desenvolver un novo paradigma para o deseño, a enxeñaría e a simulación a escala nanométrica.
Programa:
- Ao final do Camiño, o CiTIUS’ (proxección vídeo de presentación David Glowacki)
- Benvida e presentación de autoridades (Senén Barro, Director Científico do CiTIUS)
- Intervención de Dona Patricia Argerey, Directora da GAIN (Axencia Galega de Innovación)
- Intervención de D. Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Charla e demostración tecnolóxica do novo ERC, experto en Realidade Virtual e Aumentada (David Glowacki, investigador ERC Consolidator Grant do CiTIUS contratado a través do programa Oportunius).
- Rolda de preguntas e peche do acto
Impartido por
David Glowacki
David é o fundador do grupo de investigación ‘Laboratorio de Realidades Intanxibles’ (IRL, polas súas siglas en inglés), que a partir de agora terá a súa sede no CiTIUS. Glowacki ten traballado amplamente na aplicación da Realidade Virtual á simulación e visualización científica interactiva.
Cando?
07 Xuñ 2022Onde?
Quen participa?
- David Glowacki