Presentación do documental: "Marxe de erro"
O obxectivo da sesión é destacar a necesidade que teñen as carreiras tecnolóxicas, e en especial a informática, da presenza feminina como aporte de valor, dando especial visibilidade a tantas mulleres que foron esenciais no desenvolvemento da informática e a tantas outras que hoxe en día traballan no sector, buscando dende as súas experiencias romper ideas preconcibidas que afastan ás mulleres, dende idades moi temperás, da opción de escoller estudos vinculados á informática.
Programa:
- Teaser (2:48´´)
- Inicio acto: presentación
- Intervención 1: CPETIG
- Intervención 2: Igualdade
- Intervención 3: Educación
- Intervención 4: Amtega
- Agradecementos e despedida participantes
- Presentación protagonistas do documental
- Intervencións iniciais
- Proxección do documental
- Mesa redonda
- Quenda de preguntas
- Despedida e peche
Organiza:

Cando?
26 Out 2021Onde?
Para quen?
Os destinatarios da xornada son distintos departamentos da Xunta de Galicia (Igualdade, Educación, Amtega…), Centros Universitarios, escolas técnicas superiores e colexiados do CPETIG.