Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación do Informe "Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia" | Gaiástech

Presentación do Informe "Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia"

Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC, Santiago de Compostela | Retransmisión Streaming
  • A USC acolle a presentación do informe "Impacto da Tecnoloxía na adolescencia en Galicia", un estudo de Unicef coa colaboración da Universidade de Santiago e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática.
  • O estudo contou coa participación de máis de 3.000 adolescentes galegos, e revela datos como que 1 de cada 4 adolescentes en Galicia fai un uso problemático da Internet e as redes, ou que 1 de cada 5 podería ter un certo “enganche” aos videoxogos. Ademais, ofrece recomendacións a familias, goberno, industria e institucións para promover a protección dos dereitos da infancia e a adolescencia na contorna dixital.
  • A iniciativa recibiu o premio ás "Boas Prácticas Educativas en Privacidade e Protección de Datos Persoais para un Uso Seguro de Internet polos Menores" da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Programa:

17:00 Inauguración.

  • Gumersindo Feijoo Costa, Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Fernando Suárez Lorenzo, Presidente do Consello de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática
  • Myriam Garabito Cociña, Presidenta de UNICEF Comité Galicia

17:30 Presentación informe “Impacto das tecnoloxías na adolescencia en Galicia”

  • Antonio Rial Boubeta, Profesor titular da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
  • Irene Marín Barca, Coordinadora de UNICEF Comité Galicia

18:00 Mesa redonda

Moderadora: María Solar, Xornalista e escritora.

  • Belén Montesa , Psicóloga, experta en adolescentes
  • Fernando Lacaci, Presidente da Confederación de ANPAS Galegas
  • Andrea Herrero, Profesora de secundaria e Directora do IES Praia Barraña, Boiro
  • Bea, 15 anos. Membro do Consello Local de infancia e adolescencia de Teo
  • Martín, 15 anos. Membro do Consello Local de infancia e adolescencia de Nigrán

19:00 Rolda de preguntas

19:30 Peche

Interveñen

Colabora:

logo USC      logo CPEIG

 

Entidades adheridas al nodo gallego CIBER.gal

Máis Información

Presentación Informe

Cando?

08 Feb 2022
17:00h a 19:30h

Onde?

Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC, Santiago de Compostela | Retransmisión Streaming

Para quen?

Adolescentes

Entorno familiar e educativo dos adolescentes

Institucións Públicas