Presentación ESCAI Espazo para Servizos Comerciais Aéreos Innovadores
O ESCAI (Espazo para Servizos Comerciais Aéreos Innovadores) é un modelo conceptual e metodolóxico pensado para acelerar o despregamento efectivo dos IAS mediante a creación de ecosistemas operativos reais, definidos xeograficamente pero replicables noutros territorios. Non é un sandbox regulatorio nin un simple campo de probas, senón unha contorna dinámica que integra:
- Un marco operativo e regulatorio optimizado, sen exencións, que simplifica a aplicación da normativa.
- Infraestruturas físicas e dixitais adaptadas e sostibles.Unha plataforma de xestión integral e dixitalizada.
- Un modelo de gobernanza colaborativa con todos os actores implicados.
- Un enfoque orientado á xeración de actividade económica real e sostible.
O seu obxectivo é actuar como catalizador da innovación, facilitando que as tecnoloxías se convertan rapidamente en servizos comerciais viables e seguros, xerando coñecemento, confianza e boas prácticas exportables.
Programa:
1ª Sesión:
- Introdución ao programa ESCAI Ribeira Sacra. Obxectivos. Foco Usuario final e provedor.
- Breve explicación da ferramenta Web. www.escai.eu
- Introdución Reto tecnolóxico voos e probas en colaboración con autoridades e operadores en SAIL III Arc b (SORA 2.5). Validación de Medios de Cumprimento (MoC).
- Quenda de preguntas
Imparte:
INECO
(Enxeñería e Economía do Transporte, S.M.E., M.P., S.A.) é unha empresa pública española de enxeñería e consultoría, adscrita ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, que presta servizos de planificación, deseño, supervisión e xestión de proxectos principalmente no ámbito do transporte e a mobilidade (ferrocarril, estradas, aviación, portos e transporte urbano), así como noutras áreas como edificación e medio ambiente, tanto en España como a nivel internacional.
Organiza:
Nodo Galego de Conectividade. Conectivi.gal
É unha iniciativa para promover e dinamizar o sector TIC galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados coa conectividade.
Máis Información
Actividade organizada co apoio de autoridades aeronáuticas: AESA, DGAC, Enaire y operadores de UAS: ITG, Telefónica, Avincis, Aeromedia, Aerial Works, UPV, Catec, Bluenest, BCN Drone Center, Pirineos Drone, Aguian entre outros.
Cando?
11 Mar 2026Onde?
Quen participa?
- INECO
Para quen?
Usuarios finais tanto entidades públicas como privadas. Entidades relacionadas con mtto de infraestruturas, emerxencias, control de incendios, rescate, vixilancia, viticultura/ agricultura/gandería,