Prazas cubertas! Programa Tech Kids – Argallando entre xeracións
Centro GaiásTech
Este programa formativo ten como obxecto poñer en práctica o talento dixital dos máis novos e a súa capacidade de resolución de problemas ao tempo que desenvolven competencias persoais a través dunha contorna colaborativa.
Programa:
Durante a sesión formativa abordaranse as seguintes temáticas:
- Deseño guiado de modelado en 3D orientado á fabricación FDM.
- Práctica guiada de construción e programación dun robot simple que implemente unha placa controladora para xestionar os compoñentes e comunicarse con outros robots na aula.
- Prácticas supervisadas de pilotaxe de drons en interior: modo xenérico e modo FPV.
- Experiencias inmersivas en RV e Educa360.
- Proposta de proxectos futuros e inspiración: a crear! Presentación do reto científico tecnolóxico
Colabora:
Imparte Pablo Novoa
Organiza:
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
O CPEIG é o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. É unha corporación de Dereito Público creada pola Lei 10/2006, de 1 de decembro e que se regula polos estatutos aprobados polo decreto 100/2016, do 7 de xullo. É unha entidade sen ánimo de lucro.
Cando?
10 Set 2024De 16:00 a 20:00
Onde?
Centro GaiásTech
Para quen?
Menores entre 12 e 18 anos