Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

SARATROF Sistema Analítico do Rendemento Agregado de Traballadores e Robots en Operacións de Fabricación | Gaiástech

SARATROF Sistema Analítico do Rendemento Agregado de Traballadores e Robots en Operacións de Fabricación

Streaming

Inscríbete

O proxecto SARATROF (Sistema Analítico do Rendemento Agregado de Traballadores e Robots en Operacións de Fabricación) pretende crear unha ferramenta analítica para caracterizar o rendemento das factorías considerando de forma agregada o comportamento dos robots, as máquinas, os sistemas IT e os propios traballadores, co obxectivo de incrementar a competitividade da producción. A revisión do estado da arte indica que este tipo de agregación é enteiramente novidosa, e o consorcio tentará validar o seu valor real mediante experimientos despregados nun piloto.

Programa:

  • Presentación de aliados tecnolóxicos
  • Presentación do arranque do proxecto (2021-2023)
  • Presentación das vantaxes que se buscan ao finalizar o desenvolvemento do proxecto:
    • Integración de diversas ferramentas 4.0 a través dunha metaplataforma interoperable
    • Obtención de insights e sinerxías combinadas
  • Quenda de preguntas
     

Interveñen

Organiza:

ednon

EDNON  é una empresa TIC con máis de 17 anos de experiencia na integración de coñecementos e servizos avanzados en sistemas, comunicacións, e ciberseguridade. Especializados na xestión do dato en sistemas Big Data, IoT e analítica avanzada, a súa misión é proponer solución TIC de valor adaptadas ás necesidades dos clientes, con base na especialización do seu personal e o traballo continuo cos seus aliados fabricantes de tecnoloxía.

ancora

Ancora é unha EBT ou spin-off da Universidade de Vigo. ANCORA desenvolve e comercializa Ancora Worker Connect, unha interface avanzada para unha dixitalización eficiente do traballador. Simplificamos o intercambio de información e instrucións entre os operarios na planta de produción e os sistemas que xestionan as operacións da factoría.  Melloramos a información que os operarios teñen para executar o seu traballo, e a información que os sistemas reciben para xestionar as operación. E proporcionamos axudas dixitais para que o traballador poida ser máis produtivo e polivalente.

situm

Situm é unha compañía especializada en xeolocalización en interiores que superou con máxima precisión e sen necesidade de grandes inversións en infraestrutura a barreira que supón a ausencia do sinal GPS nestes espazos para o guiado de visitantes e a monitorización de equipos de traballo.
Ledisson é unha empresa especializada na automatización de procesos industrais. Conta cunha plantilla de máis de 30 programadores de robots e de autómatas, así como cun departamento de deseño e implementación de celdas robotizadas chave en man.

beta

BETA Implants é unha empresa dedicada ao deseño, fabricación e suministro de implantes desenrolados específicamente para traumatoloxía, ortopedia e neurociruxía veterinaria. Nun fluxo  continuo, a diferencia do convencional, BETA Implants abarca toda a cadea de valor, proporcionando o implante perfecto (implantes a medida ou baixo catálogo) xunto co asesoramente biomecánico e clínico ou o veterinario especialista, para que os animais poidan volver a camiñar e facer vida normal.

SARATROF

Cando?

14 Dec 2021
10:00

Onde?

Streaming

Para quen?

Dirixida a desenroladores, analistas, arquitectos TIC, administradores de sistemas, CIO e, en xeral, ao sector TIC relacionado ou non co sector industrial.