Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A seguridade no proceso de alfabetización dixital con persoas maiores. | Gaiástech

A seguridade no proceso de alfabetización dixital con persoas maiores.

Retransmisión online

Con motivo da celebración do Día da internet, o próximo 17 de maio, a Asociación Somos Dixital preparou un programa de actividades co que pretende poñer en valor os centros de competencias dixitais e das persoas que traballan neles así como as ferramentas e o potencial da internet para as persoas maiores e o envellecemento saudable. 

En concreto, propoñen un ciclo de catorce seminarios online que se desenvolverán entre o 3 e o 31 de maio. Ademáis tamén organizan un reto para o uso saudable da tecnoloxía ao que titularon «Camiña en Dixital» e un Escape Room para pechar o reto de Camiña en Dixital.

O vindeiro martes 11 de maio ás 10.30h neste contexto, celébrase un evento que poñerá o foco na «Seguridade nos procesos de alfabetización dixital con persoas maiores».

Programa:

Neste webinar abordaranse as claves para ter unha boa saúde dixital coñecendo as principais ameazas de enxeñaría social e ataques informáticos ao mesmo tempo que se trasladarán consellos para abordalos no traballo da alfabetización dixital con persoas maiores.

 

10.30h_ Benvida por parte de Fundación Esplai.

Miguel Rodríguez, coordinador de zona en Galicia

 

10.35h_Introdución aos conceptos sobre ciberseguridade dos/as usuarios/as da rede.

Jairo Daniel Pérez Abadia, Enxeñeiro de clientes, experto en Ciberseguridade e voluntario en Microsoft Ibérica S.R.L

 

10.50h_Experiencias e consellos para o traballo da seguridade nos procesos de alfabetización dixital con persoas maiores. 

Paula Tajuelo e Mireya García, Técnicas do proxecto «TIC e Maiores» de Fundación Esplai en Galicia

 

11.15h_ Espazo de preguntas.

 

11.30h_Fin do evento.

Máis Información

mayores

Cando?

11 Mai 2022
10:30h a 11:30h

Onde?

Retransmisión online

Para quen?

Persoas maiores interesadas en mellorar as súas capacidades para facer un uso seguro da tecnoloxía dixital.