Sesión práctica de protección de seguridade de IA con Google Cloud
Esta sesión céntrase en aspectos técnicos e brinda a oportunidade aos asistentes de probar os produtos de Google Cloud que protexen os recursos de Intelixencia artificial, en concreto os LLMs.
Programa:
Nesta sesión ofrecerase unha breve explicación sobre os mecanismos de protección de IA cos que conta Google Cloud, en concreto de protección de LLMs.
A continuación poñerase ao dispor dos asistentes unha contorna de Google Cloud Platform e unhas indicacións para que fagan por si mesmos un laboratorio práctico no que configurarán un produto (Model Armor) que funciona como unha especie de devasa de LLMs para bloquear ataques sobre os mesmos tanto de entrada como de saída.
Imparte:
Google Cloud
é a división de Google que pon ao dispor de empresas de todos os tamaños a mesma infraestrutura, capacidades de análises de datos e ferramentas de Intelixencia Artificial que utiliza a propia compañía para os seus servizos globais (como o Buscador ou Youtube por exemplo)
Máis Información
Actividade organizada en colaboración co Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal:

Cando?
01 Dec 2026Onde?
Quen participa?
- Google Cloud