Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Startup Congress Galicia 2023 | Gaiástech

Startup Congress Galicia 2023

Palacio da Oliva (Vigo)

Inscrición

A nova edición do evento Startup Congress Galicia celebrarase en Vigo (Palacio da Oliva) os días 20 e 21 de abril e reunirá a todas as aceleradoras galegas e máis de cento cincuenta fondos de investimento.

Programa:

O congreso incluirá un amplo programa con charlas con tres salas simultáneas con relatorios, keynotes, entrevistas, mesas de debate, pitches de investimento e entrega de premios ás tres mellores firmas novas e innovadoras (startups). Realizaranse tamén charlas sectoriais onde está previsto o debate entre actores de cada sector sobre o futuro de diversas áreas. O evento terá prazas limitadas para presencial.

Segundo dixeron, este ano o Startup Congress Galicia terá a presenza de empresas como Stellantis, Cinfa, Gebro Pharma, Visa, Mastercard, Cesmsa, Roberto Verino ou Grant Thortom. Entre as startups estarán Trison, Velca, Efimob, Devo, Getlife ou Ironchip.

Como relatores destacan Aquilino Peña, de Kibo Ventures; Dora Casal, de Roberto Verino; Ricardo Muiños, de Deloitte; ou Luis Garay, do fondo Samaipata.

Nas mesas O futuro de.. debaterase sobre como será a industria do comercio retallista, a banca, a saúde, a fraude e ciberseguridade, a alimentación ou o turismo. Estas cuestións serán abordadas por representantes destacados destes ámbitos que expoñerán en mesas de debate as súas visións sobre os cambios que se produciron e estanse producindo.

Durante a tarde do xoves e a mañá do venres as aceleradoras Viagalicia, BFAero, BFAuto, Celta Labs, Abanca Innova, BFFood, High Tech Auto e Connector Startp Accelerator presentan as súas mellores empresas aceleradas a un extenso grupo de investidores que poderán dispoñer de espazos particulares para expoñer as súas necesidades e interese para atopar capital e poder sacar adiante a súa idea.

Unha das salas terá como contido máis de vinte obradoiros onde expor en charlas curtas duns trinta minutos diversos temas que son de gran interese para calquera empresa: Mecenado tecnolóxico, unha vía innovadora para startups e pemes; Oportunidades e retos na nova lei de Protección ao Informante; Deseño dunha estratexia integral de propiedade industrial nunha startup; Financiamento sen equity para acelerar o teu negocio: unha oportunidade de 90M€ de fondos; Financiamento público para startups; Financiamento europeo; ou Como escalar unha startup.

sgc2023

Cando?

20 Abr 2023 - 21 Abr 2023
21 de abril - 10:00

Onde?

Palacio da Oliva (Vigo)