Tecnólog@ por un día
Centro GaiásTech
O Centro GaiásTech acolle a actividade impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) na que os participantes se achegarán en primeira persoa ás profesións dixitais a través da inmersión en proxectos reais ou con encontros con responsables de talento ou profesionais sénior.
Esta iniciativa ten o obxectivo de ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
Programa:
- Coñecer os obxectivos do Centro GaiásTech
- Visita ás instalacións do Centro
- Realización de actividades prácticas:
- Levar a cabo a retransmisión dun evento en directo vía youtube
- Xogos con lentes de realidade virtual

Cando?
01 Dec 202111:00
Onde?
Centro GaiásTech
Para quen?
Rapaces e rapazas de entre 12 e 13 anos