A tecnoloxía é cousa de todas. Fomentando a participación das mulleres no eido STEAM
O obxectivo da sesión é facer un repaso de todas as iniciativas que a Amtega, a través da Oficina de Software Libre, vén levando a cabo para poñer en valor o traballo das mulleres no eido da tecnoloxía e software libre, así como presentar as novas actividades previstas para todo este ano 2023.
Programa:
- Repaso das iniciativas levadas a cabo para poñer en valor ás mulleres na tecnoloxía
- Presentación das actividades que se van a desenvolver durante todo o ano 2023 para o fomento da participación das mulleres no eido das STEAM e do Software Libre
- Comentarios e preguntas
Interveñen
Imparte:
Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega
A Oficina de Coordinación de Software Libre contitúese coma punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento deste tipo de software en Galicia , fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos.
Do mesmo xeito, o portal Mancomún aglutina na rede todas as iniciativas de software libre que se están a desenvolver en Galicia, servindo de canle de comunicación pública e proporcionando un conxunto integrado de servizos.
Máis Información
- Relatoras:
- Uxía Romero – Xefa do Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial (AMTEGA)
- Bárbara Román – Oficina Software Libre (AMTEGA)

Cando?
13 Feb 2023Onde?
Quen participa?
- Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega
Para quen?
Para calquera persoa.