Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias
Presencial en GaiásTech e Streaming
A sesión pretende achegar ferramentas e recursos prácticos para comprender mellor o uso das TIC e favorecer un uso máis consciente, seguro e responsable da tecnoloxía. Busca facilitar estratexias para o acompañamento e orientación no ámbito dixital, especialmente no caso da infancia e a mocidade.
Programa:
- Riscos e retos do uso da tecnoloxía: ciberacoso, grooming, sextorsión e outros riscos.
- Educación dixital: límites, horarios, desconexión, comunicación e acompañamento familiar.
- Videoxogos e consumo dixital: tempo de xogo, micropagos e loot boxes.
- Control parental: ferramentas e aplicacións adaptadas a cada idade.
- Bloque práctico: configuración de dispositivos, Wi-Fi, consolas e plataformas dixitais.
- Marco legal básico: redes sociais, privacidade, RGPD e dereito á propia imaxe.
- Boas prácticas e recomendacións: pautas para un uso seguro e responsable.
- Por franxas de idade (0-6, 7-12, 13-15 e 16-18): ferramentas, configuración e pautas específicas.
Organiza:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Cando?
07 Out 2026De 17:00 a 19:00
Onde?
Presencial en GaiásTech e Streaming
Para quen?
Dirixida á cidadanía en xeral, especialmente familias, profesorado, profesionais que traballan con infancia e mocidade, e calquera colectivo interesado na educación e o acompañamento dixital.